Baloncesto
O baloncesto é un deporte de equipo creado en 1891 por James Naismith.
Consiste en meter unha pelota en unha canasta situada a 3,05 metros de altura. Na pista xogan 5 persoas por equipo e cada xogador ten unha posición específica:
- Base: É o encargado de pasar a pelota de lado a lado da pista. Adoita ser unha persoa non moi alta, rápida e áxil.
- Escolta: É o encargado de axudar ao base a subir o balón.
- Alero: É unha persoa de estatura media-alta. Son xogadores exteriores, polo tanto teñen que ter bo tiro dende lexos.
- Ala-pívot: É unha persoa alta, que xoga no interior da zona de triples. Busca tiros de media distancia ou de debaixo do aro.
- Pívot: Son os máis altos do equipo, adoitan mediar arredor dos 2,10 metros. Xogan por dentro, o máis cerca posible do aro.